viernes, 26 de noviembre de 2010

Excursión 1º Ciclo de Primaria

O venres 26 de novembro, os alumnos de 1º e 2º de primaria viaxaron ata Sobrado para visitar "A Casa do Queixo" onde puideron disfrutar dun día especial traballando na elaboración de produtos típicos galegos como queixo, chourizos, roxóns e pequenas almofadas de follas de millo. Tamén visitaron os animais que residen na granxa, como as vacas, cabalos, ovellas, cabras, porcos, coellos e tamén unha curiosa e gran avestruz..
Todos disfrutamos moito desta excursión, e sobre todo, aprendemos moitas cousas acerca da elaboración dos productos galegos que tanto nos gustan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario