jueves, 17 de marzo de 2011

BON APPÉTIT!

O martes 15 de febreiro, os alumnos de 2º da ESO, tivemos un xantar moi especial. Como na clase de Francés aprenderamos a facer receitas fáciles de cociña francesa , puxémolas en práctica e xantamos todos xuntos. Había de todo: fromages, quiche lorraine, omelette, salade niçoise, oeufs mimosa, pâté... moitas cousas e de sobremesa: gâteau au chocolat, gâteu au fromage, gâteaux secs ... e sobre todo unha exquisita "fondue au chocolat".

Pasámolo moi ben e xa estamos a pensar que facer na próxima avaliación para aprender cousas en Francés divertíndonos.



1 comentario: