Neste primeiro trimestre os alumnos do 3º ciclo de E. Primaria acudimos a Ferrol para visitar a Exposición Nacional da Construcción Naval (Exponav) e AquaCiencia. No primeiro, situado no interior do arsenal militar de Ferrol, vimos moitos obxectos empregados para a construcción de barcos, e como estes utensilios evolucionaron co paso do tempo, moitísimas maquetas, restos de buques, equipos de buceo, unha reproducción a escala real dun camarote antigo e doutro actual... Pero tamén explicáronnos as diferentes formas de botadura dun barco, algo que nos é tan cercano a nós; en concreto, faláronnos do gran acontecemento que foi a botadura do Arteaga en 1.972 no que era Astano, algo que viñeron a ver ata inxeñeiros da China. Despois estivemos no Parque Reina Sofía onde merendamos e fixemos un pequeno descanso antes de ir a AquaCiencia, onde experimentamos coa auga, vimos o seu uso ao longo do tempo (reloxes, muíños...) e apreciamos, unha vez máis, a súa importancia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario