O día 10 de novembro, viaxamos ata a Sabón, donde chegamos ata a fábrica
de Bonilla. Alí recibiunos unha empregada que nos puxo unhas batas
brancas para gardar a hixiene. Oa entrar dividíronnos en dous grupos e
foron explicándonos o proceso de elaboración das
patacas fritas, desde que están no saco recien, recollidas ata que están
os paquetes nas caixas preparados para ser distribuidos. Cando saímos
déronnos un paquete de patacas firtas e outro de gusanitos.
Voltamos ao autobús e collimos rumbo cara o parque de Vioño para
merendar e comer as patacas e os gusanitos, mentres xogamos no parque.
Estaba todo delicioso, se é que non hai nada como ver como se elaboran as patacas para saber apreciar mellor o seu sabor.
Aquí dixamos unhas fotos para que vexades que ben o pasamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario