lunes, 8 de marzo de 2010

Saída a Santiago de Compostela de 3º e 4º da ESO

O día 4 do Marzal os alumnos de 3º e 4º da ESO tiveron unha saída a Santiago de Compostela, onde para comenzar a súa visita fixeron un percorrido polos escenarios de " O lápiz do carpinteiro", onde puideron recrear coa súa imaxinación o que alí acontecía.

Máis tarde  achegáronse  ó Colexio " La Salle" onde tiña lugar a representación de "  A Celestina" , na que un grupo de teatro catalán facía unha versión onde se mesturaban personaxes antigos e outros cun toque de actualidade.

A continuación fixeron unha visita ó " Museo de arte Contemporáneo" onde puideron disfrutar de expresións artísticas actuais así como da arquitectura do edificio, xa que é de grande interés .

Para rematar despois de comer fixeron un tramo do " Camiño de Santiago" dende o Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro onde puideron disfrutar da fermosura da catedral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario