lunes, 15 de marzo de 2010

Visita a Chelo

O venres día 12 o alumnado do 3º Ciclo de EP realizou unha interesante saída á Aula da Natureza de Chelo. A visita tivo dúas partes , unha explicación sobre o río Mandeo e o seu habitat, que resultou moi didáctica e un roteiro. Despois de tomar o aperitivo emprendemos a camiñata pola beira do río ata chegar a O Bocelo, onde fai anos a xente acudía a tomar as augas sulfurosas que alí manan. Hoxe en día os edificios permanecen moi abandoados.


Algo cansos, pero moi satisfeitos retornamos ao colexio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario