Os alumnos de 3ºESO tiveron unha charla sobre a doazón de órganos. A charla foi dada por Paula, enfermeira da unidade de transplantes, e David, receptor dun ril.
Foi unha charla interesante, na que os alumnos tiveron, sobre o mesmo tema da doazón de órganos, dúas visións diferentes.
Paula encargouse máis de explicar a importancia da doazón, de como se pode facer doante unha persoa, os requisitos para ser doante, etc.
David, por outra banda, explicoulles o que significa para xente coma el, que non tiñan solución médica, saber que hai un órgano compatible, que son transplantados e que agora poden ter unha vida normal.
Doar órganos é dar vida!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario