Os alumnos de 4ºESO tiveron unha sesión a cargo do profesor de Química da USC, Ramón Leis.
Foi unha sesión moi interesante, xa que estivo acompañada de diversas experiencias que puideron ver na clase.
Así puideron ver o comportamento de materiais ferromagnéticos, de materiais que "teñen memoria atómica" e son capaces de recuperar a súa forma, unha peonza horizontal movida por campos electromagnéticos e outos.
Tamén se falou da importancia da labor química científica, como por exemplo na investigación de novos materiais e de como mellorar algúns xa existentes.
Foi unha sesión adicada a acercar a Química á realidade e ver aplicacións prácticas en diversos materiais que xa se comercializan ou están de vías de investigación para posibles utilidades. Todo co fin de mellorar a nosa sociedade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario