miércoles, 11 de marzo de 2009

Eumeolimpiadas 2009

Autora: María Abeal (mestra de Educación Física de Primaria)


O pasado martes 3 e mércores 4 de marzo os alumn@s de 5º e 6º de Educación Primaria do noso colexio pariciparon, respectivamente, nas Eumeolimpiadas 2009.


pict0339Os alumn@s de 5º curso era a primeira vez que acudían a este acto, e disfrutárono tanto que xa están desexando voltar para o ano que ven. Participaron tanto en xogos de equipo como o balonmán torre e carreiras de relevos coma en diversas probas individuais como pentasalto, lanzamento de peso, circuito de habilidade… E ó rematar tiveron una sesión de aeróbic e baile na que todos mostraron o ritmo que teñen.


Os alumn@s de 6º non eran novatos nestas Eumeolimpiadas, posto que o ano pasado xa experimentaron esta actividade. Sen embargo, os exercicios cambiaron un pouco, esta vez o xogo de equipo era o fútbol, aínda que as probas individuais seguían a ser as mesmas. Ó igual que o curso anterior tiveron tamén unha sesión de aeróbic.


Todos levaron de recordo destas Eumeolimpiadas 2009 unha mochila.


Foi unha mañá diferente na que participaron en actividades con nenos doutros colexios da zona e coñeceron os seus compañeiros doutros centros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario