domingo, 2 de abril de 2023

WORKSHOP "E TI...ES TRADI?"



E TI....ES TRADI?




 

Ao longo destes tres últimos días do trimestre, algúns alumnos e alumnas de 3º, 4º e 5º de Primaria puideron disfrutar deste workshop e aprender moitas cousas interesantes acerca da música tradicional galega. 

1º DÍA

O primeiro día tivemos a sorte de ter a visita de Yolanda e de María, que aparte de ser nais de varias compis do cole, son unhas expertas coñecedoras da música tradicional galega. Elas tocan a gaita dende fai máis de 20 anos e forman parte da Banda de Gaitas San Pantaleón de Paderne.


 Explicáronnos moitísimas cousas acerca da música tradicional: a procedencia das gaitas, que non só existen gaitas en Galicia, as características comúns coas outras nacións celtas, diferentes agrupacións instrumentais, distintos tipos de gaitas que puidemos ver en directo, as partes da gaita, as diferentes percusións que utilizan, diferentes materiais que se utilizan hoxe para a construción dos instrumentos, diferentes sonoridades, etc...







Puidemos comprobar por nós mesmos o dificil que é sacarlle o son a unha gaita:




E para comprobar como funciona unha peza fundamental na gaita, a palleta, construimos unha palliña e vimos que funciona de maneira similar e que soaba moi ben.



Tamén tiveron  a amabilidade de vir e tocar para nós, outros tres compañeiros  de María e Yolanda que tocaron a percusión. Ademais aprendemos e cantamos con eles "O Sacristán de Coimbra":


Pero o que máis nos gustou foi tocar nós mesmos a percusión acompañando ás gaitas e aprendendo unha marcha procesional da Semana Santa:


Finalmente recibimos a visita de Marcos García que é o director da banda San Pantaleón e tamén artesán de gaitas ou "luthier". El explicounos os ritmos máis característicos que temos en Galicia e xunto cos compañeiros tocaron catro pezas que soaron moi, pero que moi ben!!. 



Por último puidemos ver o bonitos e elegantes que son os traxes tradicionais galegos e valorar a importancia que teñen.


Gracias por vir visitarnos, foi estupendo e divertímonos moito!!


2º Día
O segundo día ao chegar a clase estivemos practicando a canción aprendida o día anterior "O Sacristán de Coimbra" acompañada coas pandeiretas. 
Adicamos o resto do tempo a estudar o traxe galego e para eso axudámonos dunhas preciosas "mariquitas" que tivemos que pintar e recortar e que finalmente nos quedaron divinas.






Para rematar este segundo día fixemos tamén a Maruxa, un broche que despois colgamos nas nosas camisetas.


3ºDía

O último día recibimos a visita de Fransy González, unha recoñecida mestra pandereteira que leva exercendo o oficio dende fai máis de 30 anos. Con ela puidemos ver diferentes instrumentos de percusión tradicionais como a pandeireta, o pandeiro, a pandeira, as latas, etc... ,como se tocan cada un deles e de que están feitos.
Fransy tamén veu acompañada de Xan co seu acordeón que fixo moi ben o seu labor de acompañamento co seu instrumento.


Tamén nos explicou o que é a "Transmisión oral" , as "recollidas" e como se aprende hoxe en día nas suas clases de pandeireta e canto. Todo moi interesante!.
Pero o que máis nos prestou foi tocar a pandeireta e aprender con Fransy o "Agharrado de Limiñoa" e tamén "A virxe de Guadalupe". 



Estabamos bastante nerviosos porque tiñamos que actuar diante dos pais e facelo moi ben, pero cremos que quedaron bastante contentos porque fixemos a nosa mellor versión do "Agharrado de Limiñoa" e foi todo un éxito. 



Ah, e rematamos todos xuntos cantando "A virxe de Guadalupe", pode haber un final mellor?.


No hay comentarios:

Publicar un comentario