jueves, 11 de abril de 2019

Exparlamentarios participaron esta mañá nunha charla coloquio con alumnos de ESO e Ciclo Formativo


O Parlamento de Galicia e a Asociación de Exparlamentarios organizaron unha charla-coloquio no noso colexio para os alumnos de 2º ESO, 3º ESO e Ciclo Formativo. 
   

Neste acto participaron os exdeputados María Dolores Faraldo Botana, Natividad González Laso e Carlos Fernando Branco Parga. 

As charlas-coloquio son sesións divulgativas que teñen como obxectivo que o alumnado poida coñecer de preto o traballo que se desenvolve no Parlamento de Galicia.
Os exparlamentarios explicaron as funcións da Cámara autonómica, a súa composición e órganos, e contestaron ás preguntas dos alumnos asistentes.  A charla compleméntouse cunha proxección audiovisual, consistente nun percorrido pola realidade da principal institución política de Galicia. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario