miércoles, 3 de abril de 2019

Obradoiro Ligando coas palabras


O primeiro obxectivo deste obradoiro era achegar aos rapaces e rapazas ao proceso creativo que hai detrás dun texto literario poñéndonos na pel dun escritor e vivindo a experiencia da busca de inspiración.
O primeiro día traballamos coa lírica practicando diferentes formas poéticas coma os caligramas, os fotopoemas, os audiopoemas e os acrósticos.


Recibimos ademáis a visita da poeta Lúa Mosquera que nos falou da súa experiencia como escritora e de como ela se enfronta á folla en branco.


O segundo día adicámolo á narrativa e ao teatro creando historias a través de xogos como o "story cubes", improvisando relatos e representando sketches cómicos.



Por último o terceiro día puxémonos a traballar co xénero dos cómics creando, coa ferramenta Pixton, cómics dixitáis nos que os rapaces deixaron voar a súa imaxinación.
Para rematar e como produto final, elaboramos un libro dixital ou ebook con todos os textos escritos durante o obradoiro. Deste xeito acadamos o segundo obxectivo que nos plantexamos con "Ligando coas palabras", que os rapaces entenderan que a tecnoloxía é hoxe en día unha ferramenta valiosísima no mundo literario. 
Queredes botarlle unha ollada? Podédelo descargar pinchando sobre a imaxe:


Se vos preguntades qué tal o pasaron os rapaces durante esta inmersión literaria, invitámosvos a que disfrutedes da nube de palabras que crearon con todos os conceptos e ideas que relacionan coa literatura.






No hay comentarios:

Publicar un comentario