Como nos gustou o noso obradoiro!!. Comezamos co máis básico do crochet ou ganchillo, aprendendo a facer cadenetas, punto raso, baixo e alto e a interpretar patróns. A partir de aí, empezamos a complicar a técnica co anel máxico, aumentos e disminucións e a facer os nosos pequenos (e non tan pequenos), proxectos. Triunfaron os amigurumis, que enganche!!!!
Visitounos Ángeles Tenreiro, propietaria de Little Xoán, grazas a ela puidemos ver todo tipo de ganchillos, porque non pensedes que todos son iguais e que só cambia o grosor, ensinounos a coller ben a agulla e a tensar correctamente o fío. Contounos como unha afición se converteu nun proxecto empresarial e , por tanto, nunha fonte de ingresos máis na súa unidade familiar. Namorámonos das súas creacións: do elefante, da coelliña, do koala, ...
Nada disto sería igual sen Auria Coello, encantadora xubilada e membro da AsociaciónNoupops Galicia, auténtica experta na técnica e que estivo con nós os tres días axudándonos absolutamente en todo. A modo de anécdota contámosvos que, de maneira espontánea, un bo grupo de nenas comezaron a chamarlle "madriña" por selo dunha das participantes e polo ambiente de familia que creou.
As profes sentímonos moi afortunadas por compartir estes días con todas e cada unha das nenas de 5º de EP, de 6º de EP, da ESO e cas dúas invitadas que nos acompañaron. Moitas grazas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario