jueves, 19 de febrero de 2009

CHARLA SOBRE AS FRAGAS DO EUME PARA 1º E 2º DA ESO

Autora: Lucía López Freire (titora de 1º ESO)

mailgooglecom


Ignacio Filgueiras e Santiago Sardiña, monitores do Parque Natural das Fragas do Eume, impartiron onte aos alumnos de 1º e 2º da ESO unha charla sobre o que é na actualidade un dos bosques atlánticos de folla caduca mellor conservados de Europa.


Faláronlles dos distintos parques naturais de Galicia (o Monte Aloia, as dunas de Corrubedo, a Serra do Xurés, os Montes do Invernadeiro e a serra de Enciña da Lastra), unha pequena porcentaxe de todo o espazo verde que existe na nosa comunidade, á vez que insistiron na necesidade de protexer e conservar ese gran pulmón natural.


Trinta mil persoas visitan cada ano as Fragas do Eume, referente turístico por excelencia na zona e tamén unha importante fonte de ingresos.


mailgooglecom2Nunha proxección audiovisual, os alumnos coñeceron de primeira man a fauna característica deste lugar único que agocha xenetas, raposos, xabaríns, corzos, bufos reais... especies singulares e vulnerables que contribúen a facer desta masa forestal de 9.125 hectáreas un espazo aínda máis particular e atractivo.


Quédanos a nós valorar este tesouro natural como debemos e procurar gardalo ben para as vindeiras xeracións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario