jueves, 19 de febrero de 2009

Salida de Educación Vial para 5º e 6º de EP

Autora: Encarna López Pico (titora de 5º de EP)


O día 13 de febreiro o alumnado do terceiro ciclo de EP realizou unha visita ao Parque de Educación Vial e lonxa de Barallobre. Despois de repasar os sinais e normas de comportamento como peóns, como usuarios do transporte e condutores (bicis)) pasaron a poñer en práctica o aprendido. Provistos de chalecos, casco, bicis e cars recorreron o circuíto respetando os sinais e intercambiándose os distintos vehículos. Ao remate, un diploma deu constancia do seu aproveitamento. Disfrutaron un montón.


A xornada completouse cunha visita á lonxa de marisco de Barallobre onde recibiron unha explicación sobre a riqueza marisqueira da ría e o sistema de depuración. En ámbolos dous casos fomos atendidos con moita cordialidade. Foi unha xornada moi aproveitada da que todos voltamos moi contentos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario