martes, 10 de febrero de 2009

I Pleno Infantil Municipal do Concello de Pontedeume

Autor: Juan Rodríguez (titor de 6º de EP)


Os alumnos de 6º EP do colexio Escuela Hogar San José de Pontedeume asistiron ao I Pleno Infantil Municipal do Concello de Pontedeume celebrado o 30 de xaneiro no salón da Casa da Cultura ás 11:00 da maná xunto cos nenos e nenas dos outros tres colexios que hai na zona (Andrade, Luis Vives e Couceiro), coincidindo có día da Paz.


Os representantes de cada colexio, e que formaron parte do pleno, tiveron a oportunidade de comunicar no nome dos seus compañeiros todas aquelas inquietudes sociais que os poden preocupar e que poden mellorar, dalgunha maneira, o benestar dos veciños.


Todas as peticións foron escoitadas polos representantes do goberno municipal, levantándose acta do exposto no pleno para tentar de darlle solución aos problemas no máis breve tempo posible.


Foi unha interesante experiencia para os nenos e nenas deste cole, que puideron ver e vivenciar como se desenvolve unha parte do traballo do Concello.


Esperamos poider repetir a experiencia en anos sucesivos e que todos os nenos poidan participar destes plenos.


Noraboa ao Concello por esta boa iniciativa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario