lunes, 8 de junio de 2009

CHAQUETIÑA VERMELLA

Andrea Piñeiro Vales (6º EP)



Chaquetiña vermella viña unha misión moi importante!

Sair da casa, atravesar a cidade e chegar á casa da súa avoa, que estaba enferma e, necesitaba medicinas e visitas!

Pero un ladrón ruín, grande e fortachón sigueuna.

— Debe ser rica como para levar esa roupa de luxo!, pensou o ladrón mentras lle preguntaba a onde ía.

E non estaba pensando nas medicinas! Entón o ladrón correu cara a casa da avoa e asustouna.

A avoa escondeuse no seu vestidor e o ladrón púxose o seu pixama e o seu colgante de diamantes e meteuse  na cama da avoa.

Cando Chaquetiña Vermella chamou ao timbre oíuse unha voz ronca.

— Entra.

— Ou, non!, pensou Chaquetiña Vermella. A avoa debe estar moi enferma.

A avoa, vista de preto, tiña un aspecto terrible!

— Avoa, qué fociño tan grande tes!

— É para ulir mellor ese perfume de CH que votas!

— Pero o meu perfume non é de CH, avoa!

Mentras lle daba as medicinas, Chaquetiña Vermella dixo: Avoa, qué ollos tan grandes tes!

E o ladrón votando un sorriso respondeu: Son... para ver mellor a chaqueta de charol vermello que levas, miña filla!

— Avoa, qué dentes tan grandes tes!

— Son para COMERTE mellor e roubarche todo!, berrou o ladrón saltando da cama.

Chaquetiña Vermella colleu o seu móbil de última xeneración coa pantalla táctil e chamou ao 112, e berrou tan forte que os veciños foron de seguida para ver o que pasaba.

Chaquetiña Vermella e a súa avoa salváronse dun gran roubo! VIVA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario