lunes, 16 de noviembre de 2009

CINENSINO

Dentro do Programa de Prevención de Drogodependencias, que organiza o Concello de Pontedeume,o alumnado do 3º ciclo de Primaria asistiu á proxección da primeira película:Pérez 2.
Despois de disfrutar coas aventuras de Lucas e o Ratiño Pérez, traballamos a unidade didáctica centrada na importancia da familia, demostrando que a súa unión permite aos membros sentirse seguros, protexidos, queridos e capaces de enfrontar adversidades.
Esperamos seguir disfrutando, ao mesmo tempo que se aumenta a formación persoal,coas próximas proxeccións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario