domingo, 22 de noviembre de 2009

SAÍDA 1º TRIMESTRE 2º CICLO DE E. P.



O xoves, día 19, os nenos/as de 3º e 4º de Primaria disfrutamos da nosa primeira saída este curso. Xa nos tardaba!!

Saímos ás 10 h. do colexio, destino: Alvarella. Alí esperábannos os monitores Jorge e Ana.

Empezamos cunha camiñata ata o Castelo de Andrade, facía un día estupendo. Polo camino fomos coñecendo as setas que íamos atopando, chamounos a atención a “seta pulpo” e agora sabemos que chegou de Australia.

Chegamos ó Castelo de Andrade ou “Castelo da fame”, Jorge contounos a súa historia e varias lendas.

Voltamos para Alvarella algo cansos e con moita fame. Organizados por grupos puxemos a mesa, servimos a comida e … bo proveito! … que rica!!. Despois de comer, xogamos, corremos e disfrutamos.

A seguinte actividade foi recoller herbas aromáticas para facer unas bolsiñas perfumadas. Que ben cheiran!

Tamén aprendemos a elaborar sales de baño, levamos unas poucas para probalas.

Ah! case nos esquecemos de Bobi, un canciño moi cariñoso que nos acompañou todo o día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario