martes, 24 de noviembre de 2009

Concerto Didáctico

O alumnado do 3º Ciclo de Primaria asistiu o día 20 de novembro, no Palacio da Ópera, ao Concerto Didáctico: Familias en acción.

Despois da presentación dos instrumentos polos músicos, estes interpretaron distintas pezas por familias musicais que resultou moi  instrutiva. Remataron con varias interpretacións a cargo de toda a Orquestra Sinfónica, para disfrute dos presentes.

Felicitamos ao noso alumnado polo seu saber estar!

Tras o remate do concerto visitouse a Casa das Ciencias onde observaron e manipularon cos diferentes aparellos.

Pasamos unha boa xornada que esperamos se repita ao longo do curso nas saídas previstas.

3º Ciclo EP

No hay comentarios:

Publicar un comentario