lunes, 23 de noviembre de 2009

Festa dos froitos secos

Na aula de Educación Infantil 5 anos celebrouse a festa dos froitos secos con notable éxito e unha grande afluencia de convidados. Os alumnos de 5 anos trouxeron distintos e abundantes froitos secos que compartiron cos seus compañeiros de 3 e 4 anos. Noces, améndoas, pistachos, cacahuetes, millo tostado, pipas, abelás,... foron algúns dos froitos degustados polos nosos alumnos.

Festa de gran éxito e dende estas liñas damos a nosa felicitación ao seu curso organizador e á súa Señorita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario